ConcellosÚltima hora

O Concello de Manzaneda realizará obras de mellora enerxética na residencia da terceira idade

O importe da actuación ascende a 149.914,23€, dos cales, o 90%, será subvencionado polo GDR Sil-Bibei-Navea
Detalle do exterior da residencia da terceira idade de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Conseguir melloras de “comfort” térmico e enerxético na residencia da terceira idade de Manzaneda. Este é o obxectivo da actuación que levará a cabo neste centro o Concello de Manzaneda. As obras que vén de aprobar o equipo de goberno municipal, encabezado polo seu alcalde, Felix Domínguez Cortiñas, consisten no “cambio da caldeira de gasóleo por suministro e instalación por tres caldeiras de biomasa de 56 kw, instaladas en cascada, así como o sistema de renovación e extracción de aire eficiente free-cooling, retirada de caldeiras existentes, obras de nova edificación de sala de máquinas e silo de pellets e posta en marcha e control e legalización das instalacións”, segundo informa o Concello de Manzaneda.

O importe deste proxecto chega aos 149.914,23€, dos cales, o 90%, será subvencionado polo GDR Sil-Bibei-Navea con fondos Leader. Con esta subvención o Concello terá que aportar menos de 15.000€ das arcas municipais.

Dende o Concello de Manzaneda congratúlanse de acadar tan grande porcentaxe de axuda xa que “así lograrase reducir o custo de combustible en máis do 60% do funcionamento da mesma aparte dos beneficios ecolóxico o aproveitar recursos máis sostibles cunha menor emisión de CO2. O equipo de goberno cumpre así con unha promesa máis do seu programa electoral”.

Artigos relacionados

Back to top button