OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense oferta un cento de actividades para escolares este curso

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, deu conta hoxe aos directores dos centros da cidade este catálogo de actividades
Belén Iglesias na xuntanza cos directores dos centros.

O Concello de Ourense pon a disposición dos centros educativos da cidade un total de trece programas con máis dun cento de actividades para escolares, a desenvolver durante o novo curso escolar.

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, e o equipo técnico da Concellería, mantiveron hoxe, 20 de setembro, unha xuntanza na sala Valente con directores e directoras dos colexios para presentarlles polo miúdo os programas e actividades ofertadas, que o profesorado dos centros xa pode solicitar dende hoxe a través da páxina web da Concellería de Educación

A programación dalle continuidade ás propostas formativas que cada ano desenvolve a Concellería de Educación, e incorpora novidades, como o Roteiro guiado adicado a Carlos Casares, os concertos didácticos de jazz para alumnado de ESO, e as actividades formativas de alfabetización enerxética.

As demais mantéñense aínda que varían os  títulos, as temáticas e algúns formatos sempre co obxectivo de mellorar os contidos que se poñen a disposición do alumnado.

O programa “Días con Nome Propio” amplía as súas actividades e englobará todos aqueles días sinalados que se pretende celebrar ao longo do curso escolar. Utilizará distintos recursos e espazos da cidade como rúas, prazas, Escola Municipal de Música e Teatro, Bibliotecas, Auditorio, Aula da Natureza, centros de ensino, etc… con actividades de celebración de datas como os días da Música, das bibiliotecas , do libro, Entroido, Letras Galegas, Medioambiente, Bosques Autóctonos, Humedais, Aves, sen coche, museos, poesía, paz, árbore, biodiversidade…

Artigos relacionados

Back to top button