OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense organiza un foro profesional sobre o botellón

A cita, na que estarán presentes expertos de diferentes materias, será o 14 de decembro na sede da Xunta en Ourense
Cartel do evento.

Este xoves, 14 de decembro, celebrarase un foro titulado “Solucións concretas ao problema do botellón” na delegación provincial da Xunta en Ourense ( Casa de Chocolate). O prazo de inscripción, informan dende o Concello de Ourense, permanece aberto.

Esta cita concentrará a expertos de campos tan diversos coma os servizos sociais, a sanidade e conductas aditivas, colectivos xuvenís, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes do propio Concello de Ourense. O foro está organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico.

As propostas dos expertos serán elevadas ás administracións competentes e autoridades para que sexan de aplicación inmediata.

Dende o consistorio resaltan que este foro é co obxectivo de “reducir as altas taxas de consumo de alcól”, algo que cualifican como problema sanitario “de primeira magnitude na sociedade actual” con importantes causas e derivacións de orde psicolóxico e social que afectan a toda a comunidade. Aseguran que o problema toma especial relevancia e gravidade no relativo ao consumo na mocidade, porque incrementa notablemente as posibilidades de acción, así como polos graves danos sanitarios, psicolóxicos e de relación que comporta.

 

Artigos relacionados

Back to top button