SanidadeÚltima hora

Concentración dos traballadores do HCV contra as medidas de conxelación salarial

“Carreira profesional non discriminatoria, xa!” Era a demanda que se plasmaba na pancarta que portaban os membros da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras, ademais de traballadores deste centro, na concentración que realizaban no mediodía do 19 de outubro. Tiña lugar na entrada principal do hospital barquense.

Neste acto reivindicativo aseguraban que “rexeitamos as medidas de conxelación salarial que aplica o goberno galego na sanidade pública”. Ademais piden a negociación dunha serie de cuestións entre as que figuran a carreira profesional, “un calendario de recuperación dos acordos laborais e retributivos suspendidos dende o ano 2010”, a recuperación do 100% do complemento de incapacidade, a recuperación dos acordos de retribucións no ámbito da Atención Primaria e da xornada de 35 horas, ou o mantemento de todas as áreas sanitarias galegas actuais.

Tamén anuncian que “no caso de as nosas reivindicacións non sexan atendidas” convocarán unha folga os días 2 e 3 de novembro”.

Artigos relacionados

Back to top button