ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Concentración na Rúa contra a violencia de xénero

A xuntanza tiña lugar no mediodía do 24 de novembro diante do Concello

Co obxectivo de “fomentar unha acción de sensibilización e visualización cidadá contra as violencias machistas no ámbito” e tamén “implicar ao tecido económico, asociativo nunha resposta colectiva”, xurdía o programa “Valdeorras en negro” unha serie de actos nos que se conmemora dunha forma conxunta nos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Vilamartín e A Veiga o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O acto central será mañá, sábado 25 de novembro, cunha andaina solidaria con saída dende O Barco e A Rúa e meta en Vilamartín, pero os actos desenvólvense xa dende o día 20 coa exposición de cartelería e camisetas co lema da campaña nos establecementos comerciais e hostaleiros de Valdeorras (coa colaboración de AEVA), así como accións nos centros laborais hoxe, venres 24 de novembro xunto coa lectura do manifesto, e tamén actividades educativas en colexios e institutos.

Na Rúa, a concentración tiña lugar ás 12 horas diante do Concello, cos traballadores municipais vestindo a camiseta negra e a asistencia dos alumnos do IES Cosme López Rodríguez, entre outros.

Fotos cedidas.
Máis información e fotos nos seguintes enlaces:

https://osil.info/valdeorras-sae-rua-violencia-de-xenero
https://osil.info/no-ies-martaguiselado-barco-co-maltrato-non-trato

A capital homenaxea ás vítimas da violencia machista

Artigos relacionados

Back to top button