CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto do Conservatorio e da Escola de Música do Barco para celebrar Santa Icía

Alumnos e profesores destes centros formativos ofrecerán unha actuación na tarde do mércores 22 de novembro para festexar á patroa dos músicos
Imaxe do concerto de Santa Icía do pasado ano no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con música e sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo os alumnos e profesores do Conservatorio e da Escola de Música do Barco honrarán a Santa Icía, patroa dos músicos. Será nesta tarde ás 20h. A actuación incluirá unha decena de pezas interpretadas por alumnos de piano, frauta, gaita ou saxofón. O repertorio incluirá temas moi variados que irán dende pezas de compositores contemporáneos como Ludovico Einaudi ata clásicos como Händel.

Artigos relacionados

Back to top button