CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de San Valentín no Ruxe Ruxe de Quiroga

A agrupación quiroguesa Habana Sil actuará este sábado a partires das 23:45h.
Cartel do concerto de San Valentín no Ruxe Ruxe.

A cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga adiántase á celebración do Día dos Namorados cun concerto de boleros e versións dos anos 50-70 previsto para este sábado 11 de febreiro a partires das 23:45h.

A actuación de San Valentín correrá por conta de Habana Sil, unha formación musical de Quiroga “bautizada en parte como homenaxe a un dos membros que procede de Cuba”, explican dende Hermanager Producións. Está formada por catro compoñentes: David, Luis, Jorge e Nacho e versionan a grandes da música romántica como Los Panchos ou Roberto Carlos, entre outros moitos.

Artigos relacionados

Back to top button