CulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Villanueva o 27 de marzo no Barco de Valdeorras

O músico vigués presentará na Sala Baranda o seu primeiro disco “Viajes de ida”
Imaxe promocional de Villanueva.
Imaxe promocional de Villanueva.

Ao longo de varios meses de frenética actividade, movemento constante, xente nova e experiencias compartidas con distintos músicos, Josete Díaz Villanueva foi compoñendo xunto o produtor Ángel Luján unha serie de cortes que forman “Viajes de Ida” (Esmerarte, maio 2014) o seu primeiro disco. Un traballo de estudo no que o músico vigués contou coa colaboración de Ramiro Nieto (The Right Ons, Jet Lag), Carlos Sosa (Fuel Fandango), Javier Doria (Anni B Sweet) e Óscar García (Tuya).

Trala grabación, Villanueva convértese en grupo introducindo na súa formación a Nacho Dafonte (batería), David Fermoselle (teclados), Tarci Ávila (guitarra natural do Barco de Valdeorras) e Iago Reigosa (bajo), para formar a banda coa que está presentando o disco por todo o país.

Tras pechar un primeiro ciclo de máis de 20 concertos, afronta o comezo de 2015 con novas citas entre as que está o 27 de marzo. Ese día Villanueva e a súa banda farán parada no Barco de Valdeorras para actuar na Sala Baranda a partires das 23:30h.

A entrada anticipada custará 5 euros e en taquilla 7 euros.

Artigos relacionados

Back to top button