CulturaMúsicaÚltima hora

Conchita actuará esta noite no Baranda

A cantautora achégase ata O Barco para presentar o seu último disco “Esto era”
Cartaz do concerto de Conchita no Baranda.
Cartaz do concerto de Conchita no Baranda.

Hoxe, venres 9 de outubro, a cantautora Conchita achegarase ata O Barco de Valdeorras co seu último traballo discográfico no peto.

A partires das 23:30h. a Sala Baranda abrirá as portas para acoller o concerto no que a intérprete presentará cancións do disco como “Tú”, un tema que ela considera “do máis brillante da miña carreira”, “Lo que tú no sabes”, “Vals” ou “Yin Yang” aínda que os asistentes tamén poderán escoitar algún dos anteriores discos.

O prezo das entradas é de 8 euros venda anticipada (en Ticketea e Ton y Son) e de 12 euros en taquilla.

Artigos relacionados

Back to top button