ConcellosÚltima hora

Conclúen as obras de mellora no desaugue do Limia

Con esta intervención da CHMS preténdese evitar inundacións no tramo urbano deste río ourensán
O delegado do Goberno e o presidente da CHMS na visita realizada a Xinzo.
O delegado do Goberno e o presidente da CHMS na visita realizada a Xinzo.

Tras seis meses de execución, acaban de finalizar as obras de mellora do dominio público hidráulico e da capacidade de desaugue do río Limia, ao seu paso polo tramo urbano de Xinzo de Limia. Este proxecto foi acometido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).

A finalidade desta actuación, na que se teñen investido máis de 670.500 euros, é evitar inundacións no tramo urbano do río, utilizando a súa propia capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural e a posta en valor do entorno fluvial. Na mañá do 5 de marzo o delegado do Goberno en Galicia e o presidente da CHMS visitaban a zona co fin de supervisar o resultado dos traballos, acompañados polo alcalde da localidade, Antonio Pérez, plo presidente da Diputación, Manuel Baltar, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

O proxecto comezaba coa demolición da pasarela peonil de acceso ás piscinas municipais, que se atopaba en mal estado e coa posterior construción dunha nova pasarela de metal, de 2.50 m de acadando unha sección final de calzada de 6 m, “que permite o paso simultáneo de dou vehículos, así como dúas beirarrúas peonís laterais de 1.25 m de ancho, o que implica unha mellora importante da seguridade vial”, segundo o Ministerio de Medio Ambiente.

Un dos momentos do percorrido polo entorno do río.
Un dos momentos do percorrido polo entorno do río.

Ademais para completar as actuacións descritas, desenvolvéronse traballos de restauración e mellora das condicións hidráulicas do cauce, “consistentes na limpeza e desbroce selectivo da vexetación de ribeira, eliminación das especies en mal estado fitosanitario así como as especies invasoras. Por outra banda, procedeuse á restauración de marxes e de taludes debilitados, empregando para elo técnicas de bio-enxeñería e revexetación”, tal e como se informa dende Medio Ambiente.

Artigos relacionados

Back to top button