ConcellosÚltima hora

I concurso de mandas sobre rastro natural de xabarín en Sober

A proba, promovida polo Coto de Caza e o Club Español del Griffón Vendeano coa colaboración do Concello, celébrase esta fin de semana
Cans de rastro.

Esta fin de semana (18 e 19 de febreiro) celébrase en Sober o I Concurso de mandas sobre rastro natural de xabaril, promovido polo Coto de Caza e o Club Español del Griffón Vendeano coa colaboración do Concello que espera a asistencia dunhas 500 persoas, entre público e participantes.

Trátase dunha proba a nivel internacional na que se prevé a participación de cinco lotes de 6 cans cada un de diferentes razas: un lote francés, dous estremeños e dous da cidade da Coruña, un total de cinco mandas (xaurías). Tal como adiantan dende o Concello de Sobre, o sábado serán tres os lotes que saían ao monte e o domingo dous. “A organización da proba farase o sábado día 18 ás sete e media da mañá na Praza do Toural desde onde os participantes sairán en dirección a Cadeiras. Unha vez alí farase a distribución da solta”, explican.

Os premios entregaranse o sábado pola noite nunha cea no Restaurante O Xugo; e tamén o domingo en Pantón, na Casa Antonio. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, será o encargado da entrega dos trofeos, un prato de alfarería de Gundivós.

Para máis información, Gerardo González: 670 437 037.

Artigos relacionados

Back to top button