En portadaÚltima hora

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil declara a alerta por seca

Anunciábao o seu presidente tras a reunión da Oficina Técnica da Seca na mañá do 2 de outubro
Aspecto actual que ofrece o encoro do Bao, en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Este ten sido o ano máis seco dende que temos datos fiables. Estamos un 40% por baixo da media, este ano rexistráronse 670 litros por m2, cando deberían ter sido 1.100 l/m2. Por iso acordouse pasar da situación de prealerta, na que estabamos dende mediados de xaneiro, á situación de alerta por seca”, aseguraba o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, despois da reunión que a Oficina Técnica da Seca mantiña na mañá do 2 de outubro. Facían unha análise da situación unha vez rematado, o pasado 30 de setembro, o ano hidrolóxico.

O presidente da confederación tamén destacaba que “a auga de abastecemento á poboación segue garantida e tamén imos manter polo de agora os caudais ecolóxicos que están recollidos no plan”. Recoñecía ademais que se van produdir algún tipo de restricións en tema de regadíos, pero que non van a afectar á zona galega da demarcación”. Tamén aumentará a vixilancia e o control en las concesións nos ríos e “comunicaremos aos concellos que extremen as súas medidas de aforro”, dicía Marín.

Artigos relacionados

Back to top button