CulturaCulturaÚltima hora

Conferencia sobre o barquense Meijide Pardo, este venres no Casino do Barco

A charla comezará ás 20h. e correrá por conta do escritor e investigador Luis Alonso Álvarez
Imaxe do cartel da conferencia.

“A novidosa aportación do barquense Antonio Meijide Pardo aos estudos sobre a emigración galega”. É o título da conferencia que Luis Alonso Álvarez, escritor e investigador barquense, Catedrático da Facultade de Economía da Universidade da Coruña, impartirá este venres no Barco de Valdeorras, da man do Instituto de Estudos Valdeorreses.

O acto terá lugar ás 20 horas no segundo andar do edificio do Casino de O Barco, sito no paseo do Malecón e estará presentado por Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV.

Artigos relacionados

Back to top button