A conselleira de Infraestruturas aborda con alcaldes e empresarios do oriente ourensán o novo plan de transporte

Na reunión, celebrada na Casa Grande de Viloira, analizábanse as alegacións presentadas polos representantes municipais e empresariais desta zona a este proxecto

Co fin de analizar o novo Plan de Transporte Público de Galicia cos alcaldes do oriente ourensán e cos empresarios a concelleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, traslabábase na tarde do 19 de xuño ata Valdeorras acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

A xuntanza tiña lugar na Casa Grande Viloira e nela participaban rexidores valdeorreses como os do Barco, Vilamartín, O Bolo, Rubiá, Carballeda de Valdeorras ou A Veiga, ademais do tenente de alcalde da Rúa e do alcalde de Viana do Bolo e un dos concelleiros do seu grupo de goberno. Tamén asistía ao encontro unha representación da xunta directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), encabezada pola súa presidenta, Araceli Fernández.

Na xuntanza explicábase a xénese deste novo plan, así como o seu contido e tamén se estudaban as alegacións presentadas ao mesmo por parte dos alcaldes e empresarios do oriente ourensán. En declaracións aos medios antes da reunión a conselleira de Infraestruturas sinalaba que o novo plan de transporte permitirá a disposición de servizos directos de autobús dende O Barco ata A Gudiña, con conexión coas liñas ferroviarias, así como que o 95% dos veciños teñan unha parada a 500 metros da casa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies