A consellería de Economía prevé investir 7000.000 euros na modernización do polígono do Vinteún

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, abordou cos empresarios deste área industrial as posibles medidas para impulsar a competitividade do polígono

Á xuntanza tamén acudiu a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo onte, 16 de febreiro, un encontro de traballo con representantes de compañías asentadas no Polígono do Vinteún, en Ourense, no que trasladou aos empresarios as principais actuacións da consellería en eidos como o fomento do emprego, a internacionalización, o acceso ao financiamento ou a innovación.

Conde escoitou as súas inquedanzas e propostas, destacou a estratexia Autónomo 2020 cun total de 160 millóns para os próximos 4 anos -40 millóns ao ano- co obxectivo de apoiar de media a máis de 10.000 traballadores cada ano, o que supón un incremento do 45% sobre a última lexislatura.

Entre as principais medidas recollidas na estratexia para Galicia está a ampliación a 12 meses máis da tarifa plana de 50 euros do Estado e a mellora da conciliación, aumentando 16 semanas máis a bonificación do 100% da cota da Seguridade Social da persoa contratada. Puxo en valor así mesmo o Bono de ata 3.000 euros para a consolidación da actividade e mellora da competitividade e a posta en marcha da Oficina do Autónomo.

Tamén fixo fincapé no plan integral que permitirá a modernización das infraestruturas do polígono do Vinteún, que a Administración autonómica financiará con 700.000 euros.

Tal sinalaron na reunión, o proxecto contribuirá a impulsar o polígono, ademais de mellorar a seguridade tanto dos 500 traballadores das 21 empresas afincadas actualmente na zona como das persoas que visitan este equipamento industrial.

A achega económica da Xunta servirá para executar traballos de pavimentación; colocación de redes de abastecemento de auga e gas; instalación de redes de saneamento, iluminación exterior e telecomunicacións; e de sinalización tanto vertical como horizontal.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR