O Consello da Xunta dá luz verde á primeira fase da Intermodal de Ourense

Esta actuación permitirá executar a terminal de autobuses, na que o Executivo galego investiu 4,8 millóns de euros

As modificacións, tras a exposición pública, incorporan unha soa entrada á terminal de autobuses.

O Consello da Xunta aprobou hoxe, 7 de decembro, a primeira fase do proxecto da Estación Intermodal de Ourense, o que permitirá iniciar as obras en 2018. Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á xuntanza.

O xefe do Executivo galego explicou que esta primeira fase permitirá executar a terminal de autobuses, cun investimento de 4,8 millóns de euros que achegará a Xunta na súa totalidade; e executar o aparcadoiro subterráneo, cun orzamento de 5,5 millóns, dos que a Administración autonómica achegará o 70%.

Sobre este punto, Feijóo precisou que Adif licitará as obras do aparcadoiro nos primeiros meses do vindeiro exercizo coa fin de comezalas en 2018. Esta infraestrutura disporá de dous andares con 300 prazas que darán servizo a terminais de ferrocarril e autobuses e posibilitarán a reordenación da praza da estación.

Logo desta primeira fase, farase a adaptación da estación de ferrocarril, así como actuacións de permeabilidade transversal e integración urbana para acadar unha axeitada comunicación entre os barrios a ambos os dous lados das vías.

Tras este anuncio, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, manifestou que “estamos ante unha excelentísima noticia que ratifica e garantiza a execución dun proxecto clave para a cidade”. O rexedor municipal salientou que o compromiso da Xunta coa intermodalidade de Ourense é “firme e inamovible”.

O alcalde ourensán salientou que, coas alegación recollidas no proceso de información pública, “introducíronse melloras no proxecto” como ese acceso único á estación que evitará a circulación ao redor do Centro de Saúde, “e permitirá unha maior integración, conexión e harmonía na actuación no seu conxunto”, dixo Vázquez. Esta actuación vai ser integrada esteticamente co proxecto de Norman Foster.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies