EconomíaEconomíaÚltima hora

Constitúese a “Asociación de Amigos de los Aceites de Gallaecia”

Os seus promotores mantiñan unha reunión para poñer en marcha a entidade en Bendollo (Quiroga)

Contribuír ao coñecemento e á promoción dos aceites na zona da Gallaecia. Con este obxectivo acaba de nacer a “Asociación de Amigos de los aceites de Gallaecia”. Os seus promotores celebraban unha xuntanza constituínte na tarde do 17 de xuño en Bendollo (Quiroga), na que se elixía á súa directiva, que preside José Espinosa, e da que tamén forman parte como vicepresidente Ángel Maseda e como secretario Urbano Núñez.

A entidade iniciará en breve a súa andaina con actividades e cursos relacionados co mundo da olivicultura.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button