Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Constitúese no Barco un grupo socialista de apoio á candidatura de Pedro Sánchez

Celebraban unha xuntanza e, de seguido, unha cea na noite do 21 de abril no Asador de Viloira

Un grupo de militantes socialistas do oriente ourensán veñen de crear no Barco unha plataforma de apoio á candidatura de Pedro Sánchez. Mantiñan un encontro na tarde do 21 de abril cunha serie de intervencions nas que se destacaba a ilusión que está a espertar nos militantes a candidatura de Sánchez, “que fai que volvan a estar moitos activos do Partido Socialista”, aseguran.

No encontro, coa presenza de militantes de diferentes puntos de Valdeorras, pero tamén de zonas próximas como a de Viana do Bolo, tamén se comentaba “a necesidade de recuperar sinais de identidade do socialismo e da esquerda. O partido ten que ser ferramenta en defensa dos máis débiles, para recuperar as desigualdades que crearon as decisións do Partido Popular e a dereita coa desculpa da crise”. Finalmente os asistentes, unhas 57 persoas, compartían unha cea no Asador de Viloira.

Por outra banda, na tarde do 20 de abril tiña lugar unha reunión semellante dos militantes da comarca de Ourense, agás a capital. No grupo de apoio a Pedro Sanchez integráronse militantes de case todas as agrupacions da comarca de Ourense. E na pasada semana realizábase outra reunion na comarca de Verin á que asistían boa parte dos afiliados nesa comarca.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button