ConcellosÚltima hora

Constitúese o Consello Regulador da IXP Pemento de Oímbra

O regulamento inclúe, entre outros aspectos, as características do produto, a zona de produción e as técnicas de cultivo
Reunión de constitución do C.R. da IXP Pemento de Oímbra
Reunión de constitución do C.R. da IXP Pemento de Oímbra

O Pemento de Oímbra, xa ten protección oficial. Na mañá do 1 de agosto celebrábase na casa do concello da localidade ourensá de Oímbra, a reunión de constitución do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, un acto que contou coa presenza do secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

O regulamento da IXP Pemento de Oímbra inclúe as características do produto protexido (forma, peso, pel), a zona de produción (a totalidade da comarca ourensá de Verín), as técnicas de cultivo, recolección, almacenamento, envasado e comercialización, entre outros aspectos, e a súa aprobación foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 15 de maio.

O documento especifica asemade os controis de calidade e rastrexabilidade sobre o produto, sinalando que se basearán en inspeccións ou auditorías das plantacións, almacéns e industrias, revisión de documentación e un control do cumprimento dos parámetros físicos descritos no propio regulamento.

E só dous días despois da constitución do Consello Regulador, o domingo 3 de agosto, o municipio de Oímbra acollerá XVII Feira do Pemento, cun completo programa de actividades culturais e lúdicas para tódolos públicos, ademais da instalación de postos de artesanía, maquinaria agrícola e pementos da zona, con degustacións.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button