CulturaEducaciónÚltima hora

Contacontos no Museo da Escola e Infancia de Trives

O acto foi organizado dende a Biblioteca Municipal para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos do Neno
Actores, nenos e pais ao final da función.
Actores, nenos e pais ao final da función.
Os actores antes da función.
Os actores antes da función.

Para celebrar o Día Mundial dos Dereitos do Neno, as traballadoras da Biblioteca Municipal da Pobra de Trives organizaron un contacontos representado por elas mesmas e algúns colaboradores. O conto titulábase “O neno que quería un arco da vella”.

Tal como explican dende o centro máis de trinta cativos, e pais e nais, asistentes ao Museo da Escola e Infancia onde se escenificou o conto, disfrutaron dunha entretida tarde que rematou coa entrega dun “Arco da Vella Máxico” a cada un dos nenos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button