CulturaCulturaÚltima hora

Contacontos para celebrar o Día do Libro en Trives

Esta actividade, destinada ao público infantil, terá lugar na tarde do 23 de abril no Museo da Infancia da vila

librofin

Con motivo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, os nenos triveses poderán desfrutar dun contacontos o 23 de abril ás 17:30 h. Trátase dunha actividade promovida polo Concello de Trives e na que poderán participar alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. Desenvolverase nunha das salas do Museo da Infancia, situado no Colexio Santa Leonor.

A concelleira de Cultura trivesa, Isabel González, anima aos pais e nais a levar aos cativos a esta actividade, “unha máis das que levamos feito ao longo do ano e que trata de fomentar a lectura entre os máis pequenos”. Ademais sinala que estas iniciativas apostan, ao mesmo tempo, por potenciar o Museo da Infancia.

Os participantes recibirán como agasallo un marcapáxinas deseñado para conmemorar esta data literaria.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button