ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Continúan as festas de San Roque na Rúa Vella

A procesión do domingo 23 de agosto, levou a imaxe do patrón de regreso á súa capela

A imaxe de San Roque, patrón da Rúa Vella, permanece todo o ano custodiada na súa capela ubicada no campo de nome homónimo. Todo o ano a excepción da fin de semana na que se celebran as festas na súa honra.

Así, na tarde do venres 21 de agosto, a imaxe era trasladada en procesión ata a igrexa de Santo Estevo, onde tiña lugar a misa maior na horna ao santo o domingo 23 de agosto. Ese día, trala eucaristía e co acompañamento musical da Banda de Música de Xinzo de Limia, o santo regresaba en solemne procesión á súa capela onde permanecerá ata o vindeiro ano. A festa continúa pola tarde coa actuación da orquestra Jerusalén.

Mañá luns 24 de agosto, haberá misa na capela de San Roque ás 12:30h. con sesión vermú a cargo da orquestra Fin de Siglo, que será tamén a encargada de pechar as Festas de San Roque 2015 en sesión de tarde e verbena, na que a comisión convidará coma sempre a unha chocolatada.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button