En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Entre contos e música, nunha antiga trampa para lobos en Lubián

Esta localidade zamorana celebraba o 18 de agosto a “Noite do Cortello”

Séculos atrás funcionaba como unha eficaz trampa para os lobos que se achegan ao concello zamorano de Lubián. Hoxe, o cortello mantén a súa estrura e feitura pero hai xa moitas décadas que deixou de cumprir a súa función. Sen embargo, o valor patrimonial e etnográfico deste lugar, situado na parte alta da localidade segue recordándose de xeito especial cada mes de agosto coa chamada “Noite do Cortello”.

Esta iniciativa festiva e cultural tiña lugar nesta verán o 18 de agosto. Numerosas persoas se reunían a partires das oito da tarde no cortello para escoitar contos e historias de lobos e cordeiros. Para bailar e cantar ao ritmo do grupo galego Zumurrumalla e para degustar un delicioso cordeiro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button