ConcellosÚltima hora

Controlado o incendio de Mormentelos (Vilariño de Conso)

Segundo as últimas estimacións, afectou a unhas 25 hectáreas de monte raso

Ás 7:45h. de hoxe, martes 8 de agosto, quedaba controlado un lume na parroquia de Mormentelos no concello ourensán de Vilariño de Conso, que comezaba onte ás 21:51h. Segundo as últimas estimacións, afectou a 25 hectáreas de monte raso. Nel traballaron 3 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas e unha pa.

Ademais, están extinguidos os lumes forestais no concello de Laza, parroquia de Camba, que afectou a 77,84 hectáreas, das cales 2,82 son de arborado e 75,02 de monte raso; e no de Verín, parroquia de Vilamaior. Este último comezaba ás 16:30h. do xoves e segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 1.372 hectáreas, das cales 907 son de arborado e 465 de monte raso.

Artigos relacionados

Back to top button