En portadaÚltima hora

Extinguido o incendio que mantivo en vilo durante a noite a varios pobos do concello de O Bolo

Segundo as últimas estimacións o lume afectou a 146,71 hectáreas, 122,71 delas de monte arborado
Incendio en Celavente na noite do 22 de novembro.

Ás 18:10h. do mércores 22 de novembro, comezaba un incendio forestal na parroquia de Celavente (O Bolo) que mantivo en vilo a varios pobos durante toda a noite. A seca e as fortes rachas de vento provocaron que as lapas se estendesen con rapidez, quedando controlado, segundo os datos de Medio Rural, ás 05:09h da madrugada.

Segundo as primeiras estimacións da Consellería o incendio afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas que, segundo axentes e brigadistas do pobo que onte estiveron traballando como voluntarios, poderían chegar ás 100. Ademais dos voluntarios, no seu control levan traballado 7 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

Finalmente, ás 12:38h. do mércores 23 de novemebro quedaba extinguido o incencio que segundo as últimas estimacións afectou a 146,71 hectáreas, das cales 122,71 son de monte arborado e 24 de raso.

Artigos relacionados

Back to top button