SanidadeÚltima hora

Convenio entre o Sergas e a Fundación de Fátima en Valdeorras

A sinatura tiña lugar no HCV do Barco na mañá do 12 de setembro
Sinatura do convenio entre o Sergas e a Fundación "Nuestra Señora de Fátima"./ Foto: Carlos G. Hervella.
Sinatura do convenio entre o Sergas e a Fundación “Nuestra Señora de Fátima”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Aportar unha resposta rápida ás necesidades de ingreso sociosanitario aos pacientes que o precisen na comarca de Valdeorras. Esta é a finalidade do convenio de colaboración que se vén de asinar na mañá do 12 de setembro no Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) entre o Sergas e a Fundación Benéfica “Nuestra Señora de Fátima”. No acto da rúbrica participaban a xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, Eloína Núñez, e a presidenta da fundación, Virginia Daniela Arambillete.

Así este acordo fai posible que os pacientes valdeorreses conten cunha “nova opción de resposta ás súas necesidades sociosanitarias, podendo acceder a unha praza gratuíta na residencia desta institución no Barco cando, tras ser dados de alta nalgúns dos hospitais do Sergas na provincia, non podan retornar ao seu domicilio por limitacións de autonomía, ou falta de apoio social, ou necesidade de adaptación da súa vivenda”, segundo o Sergas.

A xerente da Xestión Integrada ourensá aproveitaba ademais a visita ao Barco para manter unha reunión de seguimento de obxectivos co persoal médico e de enfermaría do HCV.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button