ConcellosÚltima hora

As construcións rurais deixan de ter valor catastral cero

Xunta e Fegamp asinan un convenio para dar asesoramento tributario aos concellos e aplicar a nova normativa, que obriga aos propietarios a abonar o IBI
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, durante a firma do convenio.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, durante a firma do convenio.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alferdo García, veñen de suscribir un acordo de colaboración para dar asesoramento aos concellos sobre as súas competencias en relación aos cambios de valoración catastral que está a realizar o Ministerio de Hacienda nas construcións rurais. Isto enmárcase no procedemento de regularización catastral e afecta especialmente aos inmobles de explotacións agrarias, gandeiras ou forestais, que deixan de ter valor catastral cero.

En concreto, a Xunta dotará aos concellos de máis información sobre as competencias normativas que poden utilizar neste eido, posto que son as entidades locais as que teñen a competencia sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI). E é que a actualización da normativa obrigará a que os propietarios das devanditas construcións rurais teñan que abonar este tributo.

Neste senso, Facenda -a través da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga)- prestará este asesoramento en materia tributaria a aqueles concellos que así o soliciten de xeito voluntario. Asimesmo, o goberno autonómico avanza que tamén colaborará coas entidades locais para axudar e informar á cidadanía sobre este proceso de regularización.

Artigos relacionados

Back to top button