CulturaCulturaÚltima hora

Convocada a II edición do Premio Literario Nortear

Lara Dopazo foi a gañadora da primeira edición do certame coa obra “Clementina”

160211 premio 02a

Incentivar a creatividade literaria entre os escritores de ámbolos dous territorios, promover a produción de obras no ámbito da ficción e favorecer a distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal son os principais obxectivos do Premio Literario Nortear que vén de convocar unha nova edición.

A presentación da segunda edición deste certame de relato curto tiña lugar na mañá do 11 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia, contando coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do responsable da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, António Ponte; e da directora da AECT, Maria Geraldes. Os respresentantes das tres institucións foron asemade os encargados de entregar os diplomas acreditativos a Lara Dopazo, gañadora da primeira edición do certame coa obra “Clementina”, e a João Maria Cardoso, que recibiu unha mención de honra polo traballo “Coração cheio de nada”.

Presentación da II edición do certame literario.
Presentación da II edición do certame literario.

O certame Nortear está dirixido a persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que poderán presentar as súas obras inéditas, de entre 5.000 e 8.000 palabras. O prazo para participar nesta segunda edición do premio está aberto ata o vindeiro 15 de xullo de 2016. Na páxina web de Cultura, en cultura.gal, poden consultarse as bases completas da convocatoria.

Artigos relacionados

Back to top button