CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o concurso de fotografía Rosa Pons de Parada de Sil

Será a oitava edición deste certame que outorgará dous premios, un de 800 euros e outro de 700 euros
Cartaz deste certame de fotografía de Parada de Sil.
Cartaz deste certame de fotografía de Parada de Sil.

Co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e pasaixística de Parada do Sil, este Concello ourensán vén de convocar a oitava edición do concurso de fotografía Rosa Pons. Este certame “está hoxe totalmente consolidado, tal e como amosa o feito da presentación de máis de cento cincuenta fotografías na derradeira convocatoria”, explica o alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide.

Ademais o rexidor lembra que o concurso está patrocinado por Camilo Yañez, empresario do lugar afincado en Barcelona, a quen agradece o seu mecenazgo, “xa que axuda ao posicionamenteo de Parda de Sil e da Ribeira Sacra nos medios, nun momento no que se está a traballar para que esta zona sexa declarada Patrimonio da Humanidade”.

As fotografías só as poden presentar os propios autores e cada participante poderá presentar un máximo de catro de cada tema. A temática é de dous tipos. Un dos temas é “Visións de Parada de Sil” e nel inclúense todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. deste municipio ourensán. A outra opción é o tema libre.

Ese concurso ten dous premios cunha dotación de 800 euros á mellor fotografía que teña como tema un motivo de Parada de Sil e 700 á mellor de tema libre, podendo participarse nas dúas modalidades pero só se pode levar premio nunha delas. O prazo de presentación rematará o 31 de xullo e as fotografías deben enviarse ao Concello.

As bases deste certame poden verse na páxina web do concello www.paradadesil.es e na da Asociación Cultural Ouro do Sil ourodosil.org, que colabora nesta iniciativa.

“Estes premios pretenden ser un estímulo para a imaxinación e, ao mesmo que outro tipo de actividades promovidas polo Concello (como o concurso de microrrelatos, ou as festas vinculadas a cataña ou as rutas de sendeirismo ou de BTT), pretenden amosar a riqueza plena de Parada de Sil e atraer visitantes”, comenta Francisco Magide.

O día 19 de agosto o xurado fará público o resultado do concurso. A entrega de premios está prevista para o 28 de agosto no salón de plenos do Concello e, en paralelo, organízase unha exposición con todas a imaxes presentadas.

Ademais o Concello está valorando editar dun libro coas fotografías premiadas e os microrrelatos do concrso que tamen se convoca anualmente.

Artigos relacionados

Back to top button