EconomíaEconomíaÚltima hora

Cooperativas e sindicatos agrarios falan do Pacto Nacional pola auga coa CHMS

Este encontro é o quinto, a nivel Demarcación Hidrográfica, para involucrar a todos os axentes implicados na xestión ou uso da auga
Na xuntanza estiveron presentes a meirande parte dos convocados.

Cooperativas e sindicatos agrarios mantiveron hoxe, 18 de outubro, un encontro co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, enmarcado dentro da rolda de encontros previstos na Demarcación Hidrográfica “para avanzar cara a un Pacto Nacional pola auga”, dixeron dende o organismo de conca.

Neste encontro estiveron presentes a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores dá Limia (ADEGAL), Cooperativas Ourensás (COREN), Sindicato Labrego Galego (SLG) e Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA); desculparon asistencia a Asociación Agraria de Novos Agricultores (ASAJA) e Icos Sociedade Cooperativa Galega (sector madeireiro).

Desta forma, “continuamos os contactos iniciados polo MAPAMA – Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente- , o pasado mes de xullo, co obxectivo de involucrar no Pacto Nacional pola auga a todos os axentes implicados na xestión ou o uso da auga, para dar resposta aos principais retos, coa máxima participación, diálogo e consenso”, aseguran.

O Pacto Nacional pola auga “debe recoller as propostas técnicas para facer un uso máis eficaz, solidario e integrado dos recursos existentes”, apuntan dende a CHMS. O punto de referencia serán os temas identificados nos plans hidrolóxicos do segundo ciclo, dando continuidade a este diálogo no marco do proceso de preparación dos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, de acordo co calendario establecido na Directiva Marco da auga.

Este futuro Pacto centrarase en catro grandes eixos: a atención de déficits hídricos, o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos Plans Hidrolóxicos -saneamento e depuración e protección de espazos emblemáticos-, a posta en marcha dos Plans de Xestión de Riscos de Inundación e outra serie de medidas en materia de gobernanza da auga -recuperación dos custos asociados aos servizos da auga e mellora da xestión e dos procedementos
ordinarios-.

O encontro de hoxe é o quinto, a nivel de Demarcación Hidrográfica, dos sete previstos a realizar cos usuarios, asociacións e organizacións non gobernamentais (ONG); o primeiro realizouse coas empresas titulares de Aproveitamentos Hidroeléctricos, a segunda con Asociacións Ecoloxistas, a terceira con Colexios Profesionais e a cuarta con Organizacións Empresariais, quedando pendentes os encontros cos Usuarios de Abastecemento e cos Sindicatos.

Artigos relacionados

Back to top button