CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A cor do outono en Valdeorras

Amarelos, ocres ou vermellos en contraste cos verdes. Nestas datas a paisaxe da comarca envolvese de multitude de tonalidades e contrastes, que van mudando cada día e que son diferentes en función da luz. E iso mentres as caída da folla vai espindo as árbores. Nesta galería achegamos diferentes imaxes deste outono en Valdeorras, onde en lugares como o Malecón do Barco pode verse tamén a poda anual das súas árbores.

Tamén de tonos amarelos e marróns se viste o entorno do encoro de San Martiño entre A Rúa e Petín e o ton granate do viñedo acende a paisaxe vilamartinesa. Un festival cromático co que cada ano nos agasalla á natureza e que resulta especialmente fermoso nesta parte oriental da provincia.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button