CulturaCultura

A Coral de Ruada percorre a provincia cos seus “Concertos da Ourensanía”

O martes, 12 de decembro, e en Celanova e pasarán por Vilamarín e Castrelo de Miño o sábado e o domingo, respectivamente
Coral De Ruada./ Foto: Sara Fontenla.

A Coral de Ruada ofrecerá os “Concertos da Ourensanía” en diferentes vilas da provincia. O primeiro será o martes, 12 de decembro ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. O sábado, 16 de decembro, tamén ás 20:00 horas, será no Auditorio Municipal de Vilamarín. Finalmente, o domingo 17 de decembro, daranse cita na Casa do Concello de Castrelo de Miño, tamén ás 20:00 horas.

A principal característica destes “Concertos da Ourensanía” é que as cantigas populares teñen toda relación con Ourense e a provincia (Foliadas da Rabeda, da Peroxa, de Luintra, de Amoeiro, de Entrimo, de Carballeda, do Miño…). Nas polifónicas, tanto letristas como músicos, son ourensáns.

A única excepción a todo isto é a cantiga “O quer que lle quer”, popular con hamonización do músico valisoletano afincado na Coruña, onde dirixiu o Coro Galego “Cantigas da Terra, Mauricio Farto Parra, que a inclúen por seres unha das primeiras que gravou a Coral en 1929.

Artigos relacionados

Back to top button