ConcellosÚltima hora

Cortes de auga no Barco o luns 20 de novembro

Faranse entre as 9h. e as 14h. en ata once puntos desta localidade valdeorresa, segundo adianta o Concello

O Concello do Barco vén de infomar de que o vindeiro luns 20 de novembro realizaranse cortes de auga en ata 11 puntos da vila entre as 9h. e as 14h. Esta medida será necesaria “debido ás obras de mellora da rúa A Rampa, e ante a necesidade de proceder á realización dos enganches de abastecemento de auga”, segundo se informa dende a Administración local.

Así procederase ao corte do suministro de auga da rede Xeral Perimetral nas seguintes rúas:

Avda Santiago Melo Pisón
Rúa A Rampa
Rúa Caleras
Rúa Constitución
Rúa Curros Enríquez
Rúa Vicente Risco
Rúa Porto Carballo
Rúa Valle Inclán
Rúa O Chao
Avda do Bierzo ata a confluencia coa Rúa San Francisco Blanco (esta incluída)
Núcleo de Veigadecabo

O Consorcio de Augas de Valdeorras colocará carteis anunciadores nas rúas afectadas polo corte no subministro. Ademais, durante as horas indicadas podería producirse un descenso na presión do abastecemento de auga no casco urbano do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button