En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A creación achégase de novo ao rural co VI Córgomo Arte

Nesta edición a mostra títulase “Abismos entre a sombra e a alma” e poderá visitarse ata o vindeiro 7 de xaneiro na Sala Conde e Torino de Córgomo (Vilamartín)

A procura de autenticidade guía a obra dos dez artistas que expoñen no VI Córgomo Arte, catro deles valdeorreses. Achegan ao público unha vintena de pezas reunidas co título “Abismos entre a sombra e a alma”, nunha exposición que se inauguraba na Sala Conde e Torino de Córgomo (Vilamartín) na tarde do 2 decembro cunha notable asistencia de público.

Durante o acto inaugural, a comisaria da mostra, Silvia Fiallega, resaltaba a importancia desta iniciativa privada que aposta por achegar á arte ao rural e explicaba o eixe temático desta edición, na que pode verse a obra dos valdeorreses Manuel Conde e Victorino Núñez “Torino” (escultura), de Lois Rúa (fotografía) e a pintura cuántica de Jaigarr, así como pezas dunha serie de artistas lucenses como Patricia Arellano, Cristina Basante e Lu Vila, Arturo Ceide e Beatroz Pérez (“Equipo Esparrela”) e Martín Lestao.

A mostra permanecerá aberta ata o 7 de xaneiro e poderá visitarse nas fins de semana nun horario de 10 a 22h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button