OurenseÚltima hora

Cruz Vermella súmase aos actos do Día contra a Volencia de Xénero da provincia

Todas as asembleas provinciais realizarán actividades de sensibilización tanto con participantes dos seus proxectos como en centros educativos ou actos públicos
Lema da campaña deste ano de Cruz Vermella.

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, Cruz Vermella Española levará a cabo unha campaña, a través de Cruz Vermella Xuventude, baixo o lema “Eu rompo a cadea”, que lembra a importancia de actuar fronte a todas as manifestacións da violencia de xénero: física, psicolóxica, simbólica, económica e institucional, coa fin de erradicala e non fomentar condutas machistas.

Na provincia de Ourense, todas as asembleas realizarán actividades de sensibilización tanto con participantes dos seus proxectos como en centros educativos ou diversos actos públicos dirixidos á poboación en xeral, en moitos casos en colaboración cos Centros de Información á Muller e os Concellos.

Entre outras citas, mañá venres, 24 de novembro, voluntarios da Cruz Vermella Xuventude estará nos recreos do Instituto Otero Pedrayo da cidade, con esta campaña de “Eu rompo a cadea”, na Praza Maior de Celanova, nos centros IES Cidade de Antioquía, o IES As Lagoas de Xinzo, no CEIP de Riós e nas rúas de A Rúa, na concentración do Concello de Verín, no CEIP Amaro Refojo desta localidade e na Praza Maior do Carballiño.

O sábado 25 de novembro, o voluntariado de Cruz Vermella estará tamén presente en distintos actos, como o partido de fútbol e acto institucional organizado polo Concello de Xinzo, o a andaina organizada polo CIM de Maceda. A vindeira semana continuarán as actividades en Castro Caldelas, Allariz e a comarca de Viana, Conso-Frieiras.

Artigos relacionados

Back to top button