ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cruz Vermella Valdeorras celebra o “Día de la banderita”

Este ano os fondos recadados destinaranse aos refuxiados

Como cada ano, na mañá do 2 de outubro os voluntarios de Cruz Vermella Valdeorras sumábanse á celebraciòn do “Día de la banderita”, un acto de carácter nacional no que participaron coa instalación dunha mesa petitoria na praza do Concello do Barco.

Trátase dun evento con máis de 100 anos de historia, que tradicionalmente está enfocado “á captación de fondos para os fins xerais da Institución”, explican dende Cruz Vermella, engandindo que de forma excepcional, este ano 2015, “tendo en conta a realidade actual e porque todos podemos sumar forzas e podemos facer máis, os fondos recadados destinaranse aos refuxiados”.

Entre a xente que pasou pola praza achegándose ata a mesa e contribuíndo coa causa, estivo o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, a quen as voluntarios puxeron a pegatina por ter colaborado.

Fotos cedidas por Cruz Vermella Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button