DeportesGalerías de fotosÚltima hora

CUFA celebra o verán baixando o río Sil

Esta empresa valdeorresa organizaba esta singular actividade en agradecemento ao labor desenvolvido polos seus operarios

Os traballadores da empresa barquense CUFA, especializada na colocación de lousa, participaban na tarde do 11 de agosto nun descenso en kaiak polo río Sil. Saían pasadas as cinco da tarde dende Sobradelo e remataban o percorrido no Barco.

Esta singular iniciativa foi promovida pola dirección desta empresa en agradecemento ao labor realizado ao longo deste ano polos seus traballadores. Despois do descenso, no que contaban coa colaboración de Vianova Aventura, os 19 membros de CUFA compartían unha cea. Ademais a empresa ten intención de continuar en vindeiros anos con esta proposta. “A experiencia foi moi boa e seguramente repetirémola o verán que vén na ponte do 15 de agosto”, adiantan dende CUFA.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button