CulturaCulturaÚltima hora

Culleres e humor á grega, hoxe no Auditorio de Ourense con “Electra” de Chapitô

Será ás 20:30 horas cando a compañía poña o seu selo persoal de comedia a esta traxedia grega
As culleres son parte fundamental da obra.

O FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) continúa. Para este festivo, xoves 12 de outubro, chegan os portugueses da Companhía do Chapitô co seu espectáculo “Electra”. Esta compañía aterra na cidade das Burgas implantando o seu propio selo persoal recoñecido nos teatros de toda Europa: teatro de xestos e moito humor. A obra arrancará ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.

En “Electra” o argumento mantén o texto orixinal desta tradicional fábula da traxedia grega. Ambientada na antiga Atenas, o rei Agamenón convoca unha guerra para liberar á bela Helena das mans do seu secuestrador, Paris (aínda que hai quen sostén que foi ela a que foi encantada canda el).

Ao non teres o vento ao seu favor para as súas naves, Agamenón sacrifica á súa filla Ifixenia por indicación dos profetas. Este feito vai desencadear que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto a Existo, o seu amante e primo do rei. Tras dez anos de guerra, ao volveres a Troia, Agamenón é asasinado e Electra, coa axuda do seu irmán Orestes, víngase asasinando aos amantes. E todo este baño de sangue, estará representado con moitas culleres, en clave de comedia para escachar da risa ao estilo Chapiô.

Artigos relacionados

Back to top button