Monográfico Moda veránMonográficos

Cun toque persoal

A deseñadora barquense Ana Paradelo abre en Madrid a súa propia tenda de moda
Foto Carlos G. Hervella
Foto Carlos G. Hervella

En maio de 2010, Ana Paradelo amosaba sobre a Pasarela O Barco CCA un adianto da súa primeira colección de moda. Unha serie de prendas, inspiradas nunha casa de bonecas, que presentaba oficialmente un mes despois na madrileña galería Rina Bowen, en pleno barrio de Chueca.

Dous anos despois a xove deseñadora volvía estar presente na pasarela barquense para amosar modelos da súa segunda colección, de outono-inverno, que baixo o título “Enology” presentará oficilamene na Semana da Moda de Galicia que se celebrará en Santiago de Compostela do 9 ao 15 de xullo.

Inspirada no seu pobo O Barco, a colección supón unha homenaxe ao viño e as paisaxes outonais de Valdeorras con “tons granates, flores, follas verdes, moito estampado e incluso algo de xoiería con formas de uvas” explica a propia Paradelo que sempre tivo moi claro que quería tentar facerse un oco no mundo da moda.

Texto: Mónica G. Bellver Foto. Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button