A “Cuquiburguer” da Cuqueira de Lourdes, gañadora do Sabores de Ourense

O xurado desta décima edición de outono deu a coñecer hoxe o seu veredito

A “Cuquiburguer”.

O concurso de pinchos “Sabores de Ourense”, edición outono 2017, xa ten gañadores. Na tarde de hoxe, 14 de setembro, tivo lugar a xuntanza do xurado profesional desta décima edición, formado por Manuel Domínguez, chef ourensán do Restaurante Lúa de Madrid; Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano, do Restaurante Serrano de Astorga; Manuel Núñez, do restaurante Arume de Barcelona e Daniel López, do restaurante O Camiño Inglés.

Tras avaliar as propostas dos 46 establecementos participantes , decidiron que o gañador desta edición sería o pincho “Cuquiburguer” de A Cuqueira de Lourdes. O segundo premio foi para “Camiño de Santiago”, da Adega das Caldas e, finalmente, a terceira posición foi para “Outubro 8.0” do gastrobar Sanmiguel.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies