Curso de inglés profesional para o turismo, na Aula Uned A Rúa

Un total de 30 horas que se impartirán o 24 e 25 de novembro e o 1 e 2 de decembro

Asistentes a un curso de extensión universitaria na Uned A Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

A Aula Uned A Rúa, ubicada no colexio Manuel Respino, ten programado un novo curso de extensión universitaria. Nesta ocasión trátase dun curso de inglés profesional para o turismo, dirixido ao público en xeral cun nivel mínimo de inglés B1, que se impartirá os días 24 e 25 de novembro e 1 e 2 de decembro (venres de 16 a 21 horas e sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas).

En total son 30 horas lectivas (24 presenciais e 6 online) impartidas por Alexandre Fernández Ramos, Diplomado en Turismo e Grao en Estudos Ingleses pola UNED, e quen desexe asistir deberá cumprimentar a matrícula antes do 22 de novembro. En total son 25 as prazas ofertadas e o custe é de 55 euros ordinaria, 45 euros para estudantes e guías turísticos e 30 euros para desempregados.

O curso está estruturado en seis unidades tratando temas como formas de viaxar e aloxamento, información e industria turísticas, abastecemento, a indutria do turismo local ou novas propostas como o viño como recurso turístico, entre outros.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies