SanidadeÚltima hora

Curso de intervención socioeducativa con persoas afectadas de Alzheimer

A Facultade de Humanidades do Campus de Ourense acollía na mañá do 5 de febreiro o curso intervención socioeducativa con persoas afectadas de Alzheimer. Esta acción formativa estaba promovida polo Decanato das Ciencias da Educación en colaboración coa Fundación Dorzán e a Asociación de Alzheimer de Ourense.

Participantes neste curso que se imparte no Campus de Ourense./ Foto cedida por AFAOR.
Participantes neste curso que se imparte no Campus de Ourense./ Foto cedida por AFAOR.

Neste curso, que continuará ata mediados de abril, participan 20 alumnos, fundamentalmente de Traballado e Educación Social. A través del poderán afondar no coñecemento desta enigmática enfermidade e aportaralles habilidades e estratexias clave para a intervención directa con persoas afectadas por esta patoloxía”, tal e como informan dende a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Ourense (AFAOR).

Artigos relacionados

Back to top button