EconomíaEconomíaViticultura

A D.O. Monterrei achégase ao IES Vilamarín e ao CIFP de Hostalaría de Asturias

Túnel do Viño da D.O. Monterrei no IES Vilamarín.

Darse a coñecer entre os futuros profesionais da hostalaría é unha das iniciativas polas que aposta o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. E e así se reflicte nas últimas accións promocionais levadas a cabo en Ourense e Xixón. Nelas a D.O. Monterrei achegábase aos centros educativos IES Vilamarín e Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Hostelería e Turismo de Asturias.

A través do formato do Túnel del Vino, os estudantes de cociña e sala da escola de hostalaría do IES Vilamarín coñeceron os brancos e tintos da denominación. Ao longo de toda unha xornada, docentes e alumnos/as tiveron a oportunidade de probar máis de 40 marcas de viño de Monterrei.

Por outra banda, no Centro Integrado de Formación Profesional de Hostalaría e Turismo de Asturias, a acción estaba destinada a alumno e profesores de sumillería. Neste centro, o único oficial integral nesa comunidade, os participantes asistiron a unha cata de 25 viños de Monterrei.

Tamén se realizaba unha acción da D.O. Monterrei no CFIP de Hostalaría e Turismo de Asturias.

“Estas accións súmanse ás campañas de promoción e formación das escolas de hostalaría, que xa permitiron amosar viños de Monterrei no IES Jacaranda de Churriana (Málaga); así como traer ata o territorio a alumnos/as de centros educativos galegos como IES O Ribeiro, IES Vilamarín, a Escola Carlos Oroza, o CIFP Manuel Antonio de Vigo e o CIFP Paseo das Pontes de A Coruña, entre outros”, segundo se indica dende o CRDO Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button