A D.O. Monterrei forma a catadores para o seu panel

A súa sede vén de acoller a primeira dunha serie de sesións formativas de cara a seleccionar aos integrantes do panel da denominación

Un dos momentos da sesión formativa na D.O. Monterrei.

Na tarde do 30 de xaneiro comezaban as sesións formativas que o Consello Regulador da D.O. Monterrei ten previsto realizar co fin de seleccionar o panel de catadores desta denominación de orixe ourensá.

Na primeira xornada, que tiña lugar na sede deste organismo en Verín, un total de 24 catadores participaban en diferentes probas de análise sensorial, nas que se valoraba a súa capacidade olfato-gustativa. “Estas probas teñen por obxectivo seleccionar a aqueles catadores que demostren ter maior sensibilidade para a avaliación posterior dos viños”, explican dende o consello regulador.

 

Nesta primeira sesión participaban uns 24 catadores.

Estas sesións formativas desenvólvense para cumprir cos obxectivos da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), no contexto de certificación de produto, onde os paneis de cata dos Consellos Reguladores deben cumprir cos requisitos técnicos da norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2005, recordan dende a D.O. Monterrei.

Actualmente a D.O. Monterrei está acreditada segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065, para a certificación dos seus vinos.

Fotos cedidas polo CRDO Monterrei.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR