EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro recibe á prensa especializada mexicana

Durante tres días, os corresponsais visitaron diferentes adegas así como un túnel de viños
Os corresponsais da prensa mexicana no túnel de viños da D.O. Ribeiro.

Dando continuidade á misión comercial realizada o ano pasado á cidade de México para presentar e dar a coñecer a marca Ribeiro así como os seus viños en distintos eventos, a D.O. Ribeiro recibía en abril a corresponsais mexicanos en España do portal de Aristegui Noticias, a Agencia Mexicana de Noticia (Notimex) e o portal especializado en vinos Vínica.es.

Durante tres días os corresponsais “descubriron de primeira man a D.O. que levou por primeira vez os viños españois a América”, explican dende O Ribeiro, indicando que o intenso programa incluíu a visita ás adegas Casal de Armán, Viña Mein, Coto de Gomariz, Priorato de Razamonde, Pazo Casanova, Terra do Castelo e Bodegas GRM, así como a gastronomía autóctona da zona acompañada dun túnel de viños no que se incluíu tamén o viño da Bodega Alanís.

 

Artigos relacionados

Back to top button