EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro, trending topic na fin de semana

Quince comunicadores dixitais dos máis importantes de España do sector do viño e gastronomía visitaban esta denominación ourensá
Comunicadores dixitais participantes neste encontro no Ribeiro.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro organizaba na fin de semana do 14 e 15 de xaneiro unha acción na que participaban 15 dos comunicadores dixitais máis importantes de España do sector do viño e gastronomía visitaron. Os profesionais viñan dende Sevilla, Málaga, Barcelona, Asturias, Alicante ou Madrid. Esta iniciativa levou ao Ribeiro a ser TT (trending topic) durante o sábado e o domingo, acadando os 500.000 usuarios e os 4,5 millóns de tweets servidos.

Trátase dun proxecto novo, xa que participaron na primeira acción formativa e divulgativa da cultura do viño da D.O. Ribeiro baixo o hastag #DescubreRibeiro. “Cremos que a mellor forma de amosar o que é o Ribeiro e vivir una experiencia xenuína é que a xente coñeza a paisaxe, o viñedo, o viticultor e os viños no territorio”, comenta a Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

O programa incluía unha sesión formativa teórica sobre a D.O. Ribeiro e unha parte práctica con visitas a adegas e lugares emblemáticos, tamén a viñedos, encontros con enólogos e viticultores, así como coñecemento da gastronomía da zona. A pretensión do Consello Regulador é proporcionar unha visión ampla e próxima do Ribeiro, da súa historia e seus viños, seu pasado, presente e futuro, ademais de dar a coñecer as características que fan ao Ribeiro e seus viños especiais e diferentes, tal e como destacan dende este órgano réctor.

Este Plan de Formación, que se iniciaba no ano 2017, busca “proporcionar o coñecemento e as ferramentas adecuadas para difundir os valores da denominación de orixe, así como entender as inquietudes, visión e demandas tanto de comunicadores como consumidores potenciais dos vinos do Ribeiro”, segundo o seu consello regulador. Este achegamento á interpretación da vida e paisaxe do Ribeiro completouse coa entrega dun diploma acreditativo aos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button