EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras promociónase en Alimentaria

Este recoñecido certame celebrarase en Barcelon ata o vindeiro 28 de abril
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría deste departamento, Belén do Campo, co presidente da D.O. Valdeorras, no stand deste consello en Alimentaria.
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría deste departamento, Belén do Campo, co presidente da D.O. Valdeorras, no stand deste consello en Alimentaria.

Os viños valdeorreses contan cun espazo de seu no Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2016, que se desenvolverá do 25 ao 28 de abril en Barcelona. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, representado na mostra polo seu presidente, Francisco García; dispón dunha superficie de exposición na que están presentes as adegas D’Berna, A Tapada e a Cooperativa Virxe das Viñas. Ademais participan na feira con espazo expositor propio outras cinco adegas valdeorresas: Santa Marta,  Joaquín Rebolledo, Virxe de Galir, A Coroa e a Cooperativa Xesús Nazareno.

Para o presidente da D.O. Valdeorras esta mostra “é moi relevante” posto que permite que “os viños de Valdeorras sexan exhibidos no contexto dun dos salóns de referencia, dentro do ámbito europeo, no eido da alimentación”. Neste sentido, considera que presentar os viños da zona ante prescritores, medios, cadeas e centrais de compras e distribuidores axudará tamén a “achegar o viño aos consumidores finais”. Este é, precisamente, un dos retos polos que aposta Francisco García, que pretende facer especial fincapé “nas accións de promoción exterior dos viños” da comarca.

Dentro das accións que a Consellería do Medio Rural está a levar a cabo en Alimentaria figura un túnel do viño que contará con referencias da D.O Valdeorras, en concreto das marcas Godeval, Bodega Eladio Santalla Paradelo e A Coroa. Finalmente, dentro da iniciativaGalicia en cata” promocionaranse marcas das bodegas D’Berna, Joaquín Rebolledo, Virxe de Galir (Pagos de Galir) e A Coroa.

Artigos relacionados

Back to top button