O son da Banda de gaitas Os Trintas e o xogo da billarda, na Mostra da Patrimonio Inmaterial de Trives

Ademais de poder percorrer un completo e moi diverso mercado de artesanía, as persoas que se achegaban na mañá do 12 de agosto ata o casco antigo trivés podían escoitar e bailar ao ritmo da Banda de gaitas Os Trintas. A formación musical percorría a partires da 13:30h. esta feira cun animado pasarrúas. Ambas iniciativas forman parte do programa da IX Mostra do Patrimonio Inmaterial que organiza a Asociación Cultural A Caniceira de Trives.

Durante a mañá non faltaban tampouco propostas lúdicas como era o caso da terceira edición do campionato de billarda, organizado por José Luis e que se celebraba na Finca da Barreira. Os campións desta campetición son:

Masculino:
1. Pablo Alonso
2. José Rodríguez

Feminino:
1.Gisela Vega
2.Raquel

Infantil:
1.Adrián
2.Leila Pérez

Entre os 3 primeiros quedaba como campión absoluto Pablo Alonso.

Fotos: A.C. A Caniceira

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies