EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Da presentación da añada da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro á visita de Luis Gutiérrez

Os colleiteiros “somos supervivintes natos, proba diso é que os nosos viños están hoxe presentes en máis de 27 países”. Así o asegura o presidente da Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro, Brais Iglesias, no acto de presentación da colleita desta entidade que agrupo a 41 colleiteiros desta zona vitivinícola ourensá. Neste acto, que tiña lugar no Parque Náutico de Castrelo de Miño o 26 de maio, resaltaba o peso da figura deste tipo de productor no Ribeiro, lembrando que das 107 adegas desta denominación, 72 son de colleiteiros.

Na presentación, que contaba con numerosos asistentes relacionados co sector do viño, interviñan tamén o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, e o presidente da CEO, José Manuel Pérez. Despois os asistentes degustaban os viños dos colleiteiros da asociación, acompañados por petiscos “delicatessen” elaborados “desinteresadamente” polos cociñeiros do Grupo Nove: Xoán Crujeiras e Héctor López.

Apenas unha semana despois, esta asociación recibía a visita de Luis Gutiérrez, catador da prestixiosa revista internacional “The Wine Advocate” de Robert Parker. En total cataba 67 viños, un 30% máis que na súa anterior visita a esta zona, hai 15 meses.

 

Luis Gutiérrez catando viños da Asociación de Colleiteiros e Embotelladores do Ribeiro./ Foto cedida.

“A súa visita as instalacións da Asociación de Colleiteiros no Parque Náutico de Castrelo de Miño e o elevado número de viños que catou, son unha proba máis da potente campaña de internacionalización que os Colleiteiros emprenderon e que está tendo resultados. Dos 41 membros da asociación, a metade se están actualmente exportando a máis de 27 países”, asegura o seu presidente.

Fotos da galería: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button