ConcellosÚltima hora

Da andaina por Cabeza de Manzaneda ao mercado solidario na vila

Esta fin de semana desenvólvense as I Xornadas Interxeracionais de Manzaneda
Participantes na andaina ata Cabeza de Manzaneda.
Participantes na andaina ata Cabeza de Manzaneda.

Manzaneda acolle nesta fin de semana as I Xornadas Intexeracionais, un encontro cun variado programa que inclúe propostas vencelladas coa tradición, co deporte, co xogo ou coa música. Comezaba na tarde do venres 11 de xullo cunha visita ás instalacións do Concello e coa proxección de documentais e proseguía o sábado 12 de xullo cunha andaina ata Cabeza de Manzaneda, así como cunha visita turística pola vila.

As xornadas completaranse o domingo 13 de xullo cun mercado, situado tamén no patio do colexio, no que haberá exposición e venda de produtos deste municipio. Este mercado terá un carácter solidario xa que estará adicado á nena barquense Sheila.

A partires das doce, celebrarase ademais un concurso de repostaría. Segundo se sinala nas súas bases, os doces deberán ser elaborados na casa e outorgarase cadanseu premio aos tres primeiros gañadores. Pola tarde, ás 16h., chegará a música tradicional con cantigas e pandereteiras e ás 18h. haberá baile.

Fotos cedidas por Clemente Pérez Arias

Un dos momentos do percorrido desta andaina.
Un dos momentos do percorrido desta andaina.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button